Tytuł pozycji:
Pasados diversos, futuros prometedores
Malia as imaxes idílicas do pasado coma un lugar intocable, as revisións críticas da natureza construída da historia amosaron a importancia das narrativas que se contan sobre el. Especialmente para as mulleres en xeral e para as lesbianas en particular, as maneiras de contar o pasado constitúen un espazo clave de intervención. Neste artigo tratarei os silencios que produce a recreación hexemónica do pasado e tamén os proxectos que se foron desenvolvendo na crítica feminista neste eido específico de teoría e práctica. En particular, exporei o marco teórico que me levou á escrita da novela Pirata (Reimóndez 2009) como exemplo práctico da necesidade das mulleres non heterosexuais de reescribir o pasado a través da literatura.